Estrés crónico e alteracións corporais
Aurelio Galán Sanchis
2/6/20262 min read


Podemos considerar o estrés crónico, como un estado corporal incómodo en situación de alerta constante, creado e mantido polo conxunto de estímulos internos (dor no xeonllo, hinchazón de barriga, medo…) e externos (situación laboral conflitiva, estrágase un electrodoméstico, enfermidade dun familiar) que recibimos, e que desequilibran negativamente o noso sistema interno, manténdonos nunha situación de alerta.
Os estímulos forman o día a día, parte dos cales non podemos evitar que pasen porque están implícitos na vida pero outros si, xa que podemos xerar, favorecer ou alimentalos, mediante os hábitos cos que levamos a cabo os nosos días. Ante os estímulos que nos chegan tomamos decisións, que nos levan ou realizar accións ligadas a consecuencias e estas resultan nas situacións que temos que afrontar, por iso, é clave ter presente que é posible modificar este estado de #estrés #crónico, grazas á capacidade de poder elixir a opción que máis favorece o noso estado de saúde.
Algúns dos estímulos que si podemos actuar sobre eles e van determinar o nivel da situación de estrés crónico son:
- Hixiene de descanso
- Sedentarismo - Exposición a tóxicos
- Hidratación e alimentación
- Conexión coa natureza
- Conciencia da relación corpo-mente
- Relaciones sociais
Como consecuencia dunha falta ou mala calidade de estímulos, algúns exemplos dos danos que provoca esta situación de #estrés mantida no tempo son:
Alteracións músculo-esqueléticos prolongados no tempo (tendinite, tendinosis, artrite, contracturas frecuentes…)
- Malas dixestións (moi duradeiras, con acidez, hinchazón…)
- Defecaciones alteradas (estreñimiento, diarrea, ambas..)
- Descanso non reparador (insomnio, múltiples espertares, levantarse sen enerxía…)
- Fatiga constante e cefaleas
- Desregulación hormonal
- Enfermidades autoinmunes
- Desequilibrios emocionais ansiedade, irritabilidade, tristeza…
Cando nos atopamos nunha situación de alerta a enerxía do corpo vai dirixida exclusivamente para que os sistemas corporais fagan fronte a resolver ou eliminar os estímulos negativos e reparar o dano xerado. Creando unha situación de #estrés #crónico por exemplo: non descanso ben debido a uso excesivo de pantallas azuis antes de durmir, o que me impide realizar esforzos, xa que tras realizalos moléstame as costas pola fatiga que acumula o meu corpo, ademais co cansazo diario non me sinto con forzas para realizar deporte, e como me sinto esgotado, non vou traballar con ganas e busco na alimentación estimulantes como o azucre que por unha banda me da enerxía para facer fronte ás obrigas pero impide a reparación dos meus tecidos, e ademais esta sobrecarga de estimulantes alimenticios xunto coas pantallas azuis impiden que o meu descanso sexa reparador e se solucione o meu problema de costas que me condiciona o meu día a día.
Nas próximas publicacións compartiremos hábitos que xeran estímulos positivos, necesarios para eliminar as situacións de estrés crónico…


