
A miña traxectoria
A traxectoria detrás de EKOS nace da curiosidade constante e da paixón por comprender o corpo humano como unha unidade.
Cada formación foi un paso máis para ofrecer un tratamento máis completo, profundo e respectuoso coa natureza de cada persoa. O obxectivo sempre foi claro: acompañar o proceso de recuperación dende unha mirada integradora e humana.


Graduado en Fisioterapia (2011 - 2015)
Formación universitaria que proporciona as bases científicas para a prevención, avaliación e tratamento das disfuncións do movemento, poñendo o foco na recuperación funcional e o benestar físico.


Osteopatía C.O. (2015 - 2019)
Disciplina baseada nun enfoque global do corpo, que emprega técnicas manuais para restaurar o equilibrio e a mobilidade dos distintos sistemas: musculoesquelético, visceral e craneal.


Medicina Tradicional China (2016 - 2021)
Un sistema milenario que comprende o corpo como unha rede interconectada de enerxía. Utiliza ferramentas como a dietoterapia, acupuntura ou fitoterapia para restaurar o fluxo harmónico do organismo.


Psico - Neuro - Inmunoloxía Clínica (2020 - 2021)
Enfoque científico que integra os sistemas nervioso, inmunolóxico, endocrino e emocional para comprender a orixe das doenzas e propoñer un tratamento adaptado a cada persoa.


Kinesioloxía (2019 - 2022)
Método que utiliza o test muscular como vía de comunicación co corpo para detectar desequilibrios físicos, químicos ou emocionais, guiando cara a un tratamento personalizado e eficaz.
Formación Complementaria
Curso de Tape e Vendaxe (2014)
Curso de Kinesotaping nivel KT1 - KT2 (2014)
Curso de estiramentos e hixiene postural (2015)
Curso de Fisioterapia conservadora e invasiva do síndrome da dor miofascial (2015)
Curso de Neurodinámica na práctica clínica (2016)
Curso de Biotipoloxías (2017)
Curso de Interpretación do mineralograma método HS (2019)
En que me diferencio?
No meu traballo non busco só aliviar síntomas, senón acompañar de forma honesta, profunda e personalizada. Estes son algúns dos aspectos que marcan a diferenza no xeito de entender e practicar a saúde en EKOS.
Diagnóstico en profundidade
Non nos limitamos a tratar os síntomas: investigamos a orixe real da doenza a través de ferramentas avanzadas.
O corpo fálanos, e nós escoitámolo para acompañar o proceso de recuperación con precisión e presenza.
Poñemos especial atención en explicar o proceso, resolvendo dúbidas e fomentando a toma de conciencia da propia saúde.
Tratamento individual
Comunicación clara





