As nosas Terapias
Cada persoa é única, e tamén o debe ser o seu tratamento. A través das nosas terapias manuais holísticas, buscamos identificar e tratar a causa do malestar, favorecendo o equilibrio natural do corpo, sinónimo de benestar.
Combinamos diferentes técnicas para ofrecer un enfoque global e personalizado, axudándote a mellorar a túa saúde e calidade de vida.


Osteopatía
A osteopatía busca restablecer o equilibrio corporal e a liberdade de movemento de cada estrutura, favorecendo o funcionamento harmónico do organismo.
Esta abordaxe terapéutica baséase en catro principios fundamentais que permiten comprender de forma global como reacciona o corpo ante diferentes disfuncións. Emprega técnicas manuais aplicadas sobre músculos, ósos, articulacións, vísceras e fascias, sustentadas en coñecementos de anatomía, fisioloxía, bioloxía e química.


Kinesioloxía
A kinesioloxía busca optimizar a enerxía corporal, activar a capacidade autocurativa do organismo e favorecer a recuperación da saúde.
O seu obxectivo é fortalecer o corpo, potenciando o que o equilibra e evitando aquilo que o debilita.
Trátase dunha técnica diagnóstica e terapéutica que permite identificar os desequilibrios que afectan ao corpo. É un método de tratamento integral que combina a fisioloxía médica actual con coñecementos milenarios.
A súa ferramenta principal é o test muscular, que permite interpretar as respostas do corpo e establecer un diálogo entre as reaccións musculares do paciente e o proceso terapéutico.


Fisioterapia
A fisioterapia busca recuperar a funcionalidade do corpo, aliviar a dor e mellorar a calidade de vida da persoa, promovendo unha recuperación consciente e duradeira.
En EKOS aplicamos esta disciplina sanitaria cunha mirada integral, tendo en conta non só a lesión, senón o contexto global de cada persoa. A través de técnicas manuais, exercicio terapéutico e outras ferramentas, avaliamos, tratamos e previñimos disfuncións do movemento e da postura dun xeito respectuoso co corpo.


Hair Metabolic System
O Hair Metabolic System permite personalizar o tratamento de maneira preventiva, mellorando a saúde a partir do equilibrio interno e abordando patoloxías dende unha perspectiva integral.
Trátase dunha ferramenta de análise capilar que ofrece unha visión detallada do estado bioquímico do organismo a través do cabelo. Detecta desequilibrios nutricionais, carencias de minerais esenciais e a presenza de metais pesados, incluso antes de que aparezan síntomas clínicos, converténdose nun recurso fiable e preciso para a saúde sostible.


Medicina Tracional China
Recupera o teu equilibrio físico e emocional de forma natural.
A Medicina Tradicional China restablece o fluxo vital do corpo a través de técnicas como a acupuntura, a fitoterapia ou a moxibustión, axudando a reducir a dor, regular o sistema nervioso e mellorar o benestar xeral.
Unha visión integradora que trata o corpo como unha unidade.
Baseada no yin-yang, nos cinco elementos e na rede de meridianos, a MTC identifica bloqueos enerxéticos e sanguíneos que poden estar na orixe do malestar. O seu enfoque permite abordar tanto síntomas físicos como emocionais de maneira personalizada e sostible.


Psico-Neuro-Endocrino-Inmunoloxía
Mellorar a nutrición, regular o exercicio físico, eliminar toxinas, descansar mellor e xestionar o estrés de forma equilibrada pode optimizar o funcionamento dos sistemas clave do teu corpo.
A PNEI (Psico-Neuro-Endocrino-Inmunoloxía) estuda como interactúan os sistemas psicolóxico, nervioso, endócrino e inmune, e como a súa conexión inflúe na saúde. Esta disciplina permite abordar disfuncións desde a súa raíz, aplicando recomendacións personalizadas para recuperar o equilibrio interno do organismo.