Etiología e fisiopatología outonal

Aurelio Galán Sanchis

10/30/20264 min read

Seguimos no outono, e coa aparición das patoloxías típicas desta época do ano. Nesta entrada imos compartir o que coñecemos sobre a etiología e fisiopatología, para poder levar a cabo a máis eficiente das medicinas, a prevención.

En primeiro lugar falamos da etiología encargada do estudo das causas que producen as enfermidades ou patoloxías. Dende un punto de vista tradicional podemos clasificalas nestes seis grupos:

  1. Causas externas

  2. Causas internas

  3. Hábitos

  4. Infeccións

  5. Traumatismos

  6. Patóxenos

A continuación, describimos os grupos de causas externas e internas que se relacionan co elemento metal, elemento asociado á estación outonal (se non che soa, podes ler a entrada deste blog ‘outono, a estación do metal’) . Para o resto de grupos, sobre hábitos (podes ler no blog ‘estrés crónico e alteracións corporais’), e do resto infeccións, traumatismos e patóxenos consideramos que non teñen unha relación directa coa etiología deste elemento, por iso non che contamos moito máis.

  • Causas externas

A secura é o factor climático predominante na causas da patoloxía outonal e clinicamente obsérvanse dous tipos de secura:

  1. Tibia, aparece ao p.rincipio de outono (como consecuencia da calor residual do verán)

  2. Fría, aparece a finais de outono (debido ao achegamento ao inverno).

Podendo desenvolver consecuencias como:

-Secura polo consumo de líquidos quentes

-Ataque ao pulmón e aos órganos relacionados: nariz, boca, faringe, larinxe, pel…

-Destrución dos líquidos do pulmón

-Aparición de tose con hemoptisis, epistaxis ou tose con flema escasa e de dificil expectoración

-Afectación do descenso e dispersión da enerxía, reguladas polos pulmóns.

-Palidez

-Insuficiencia de Qi (xeneral).

  • Causas internas:

Neste caso atópanse os factores emocionais, causantes das patoloxías internas. Afectan principalmente os movementos do Qi pero tamén ao sangue, aos líquidos orgánicos e aos zang fu (órganos e vísceras).

No caso do elemento metal (pulmón e intestino groso), a emoción que afecta directamente á súa fisioloxía é a melancolía e tristeza, aínda que tamén se asocia ao duelo, a desgraza ou o arrepentimento.

O capítulo 39 do Suwen di: “ a tristeza entumece e axita ao corazón, isto fai que se comprima contra os pulmóns. O jiao superior se obtruye, jing qi e wei qi non circulan libremente e a calor se acumuila e disolve o qi”.


Doutra banda pero no mesmo corpo, tamén nos pode axudar á prevención da aparición de patoloxías a fisiopatología, encargada de estudar os procesos patolóxicos (enfermidades), físicos e químicos que teñen lugar nos organismos vivos durante a realización das súas funcións vitais. Desde a Medicina Tradicional Chinesa existen diferentes mecanismos que nos dan a posibilidade de identificar a evolución da patoloxía, segundo sexa a súa etiología, o equilibrio de yin-yang (ver no blog ‘teoría yin-yang’), o estado do wei qi (sistema inmunitario)...

Todos os procesos patolóxicos mostran polo menos un desequilibrio, tamén chamados síndromes, entre os cales podemos diferenciar:

  • Síndrome SHI (exceso) de CALOR (yang): síntomas de calor e hiperactividade.

  • Síndrome SHI de FRÍO (yin): síntomas de descenso de temperatura, acumulación de produtos metabólicos, estasis.

  • Síndrome XU (insuficiencia) de CALOR (yang): síntomas de hipofunción e hipotermia.

  • Síndrome XU de FRÍO (yin): cara vermella, irritabilidade, impaciencia, astenia lumbar…

Estas síndromes poden afectar a cada un ou varios órganos e xunto aos factores externos ante os cales estamos expostos a diario, poden levarnos a diferentes cadros patolóxicos. No caso do elemento metal e pola súa asociación aos pulmóns e intestino groso atopamos os seguintes:


1. INSUFICIENCIA DE QI DE PULMÓN

  • Sintomatoloxía principal: tose e respiración asmática con falta de forza, ou tamén respiración curta e axitada.

  • Sintomatoloxía secundaria: tinguidura facial pálida ou branco brilloso, abatemento físico, respiración axitada co movemento, sudoración espontánea, pacientes que enferman fácilmente de arrefriado común, timbre de voz baixo, flema abundante e clara de doado expectoración.

  1. INSUFICIENCIA DE YIN DE PULMÓN

  • Sintomatoloxía principal: tose sen flema ou coa flema moi escasa e pegañenta, febre ou calor bochornosa.

  • Sintomatoloxía secundaria: adelgazamento corporal, secura de garganta e de boca, febre bochornosa de carácter vespertino, ardor dos cinco corazóns, sudoración nocturna, flema hemoptoica e ronquera.

  1. INVASIÓN DE VENTO-FRÍO

  • Sintomatoloxía principal: tose, temor ao frío.

  • Sintomatoloxía secundaria: febre lixeira, rinorrea clara, comezón da garganta ou presenza de flema coa cor branca e fluída.

  1. INVASIÓN DE VENTO-CALOR

  • Sintomatoloxía principal: tose con flema espesa de cor amarela, lixeiro temor ao vento e ao frío.

  • Sintomatoloxía secundaria: conxestión nasal con rinorrea amarela e espesa, dor e secura na garganta, boca seca, ollos vermellos, sede lixeira ou febre.

  1. INVASIÓN DE XIE QI TIPO SECURA

  • Sintomatoloxía principal: tose seca, sen flema ou flema escasa e pegañenta, de difícil expectoración.

  • Sintomatoloxía secundaria: falta de lubricación en beizos, lingua, garganta e nariz, posible febre con temor ao frío, sensación de dor e hemoptisis.

Na próxima entrada seguiremos aprendendo sobre o elemento metal co traxecto do seu meridiano, algún remedio fitoterapeutico, exercicios e algún conto máis para esta estación…

Outono é sutil, é equilibrio,

un ciclo que te invita a protexerte;

no coidado atopas o idilio

para abrazar a alma e facerche forte.

Ánonimo.