Psico Neuro Endocrino Inmunoloxía ou PNEI
Aurelio Galán Sanchís
11/6/20253 min read


Que é a PNEI?
O termo Psico Neuro Endocrino Inmunoloxía ou PNEI nace no ano 1975, como resultado dun experimento realizado na Universidade de Rochester polo psicólogo Robert Ader e o inmunólogo Nicholas Cohen.
É unha disciplina médica integrativa que estuda a relación entre os sistemas nervioso, hormonal, inmune e a conduta dos humanos. Tamén se pode considerar unha medicina funcional, a cal considera ao individuo como un todo integrado polo físico, o emocional e o espiritual. Busca devolverlle ao organismo o equilibrio a través da medicina preventiva, vendo á enfermidade como unha sinal de que hai unha causa de base que non está sendo correctamente asesorada.
Nas últimas décadas observamos que o eixo cerebro-intestino é o protagonista de moitas investigacións no ámbito da neurociencia e por iso, hoxe en día sabemos que a nosa saúde intestinal (as bacterias que o compoñen ou microbiota) e o noso cerebro están implicados no sistema neuro-inmune-endocrino e no noso comportamento (psique), utilizando o sistema inmune como a principal vía de comunicación.
A relación dos microorganismos do intestino co noso cerebro e o noso sistema inmune, xoga un papel crave no noso estado anímico, na nosa memoria, saúde emocional, ou comportamento e na nosa saúde hormonal. Un claro exemplo é que todos os días vemos persoas que sofren de estreñimiento ou colon irritable e ao mesmo tempo padecen de dores crónicas, cansazo e dor de cabeza, ou mozas con irregularidade menstrual ou dor menstrual que padecen problemas dixestivos e ao mesmo tempo sofren de ansiedade, nerviosismo e problemas de acne ou alerxias.
É curioso, acudimos a diferentes especialistas para cada doenza e resulta que a clave está en nós.
Do mesmo xeito, un estrés físico ou emocional afecta ao noso sistema inmune, neste caso a través das citoquinas que son inmuno-mensaxeiros que fabrican as células do sistema inmune diante dunha situción de estrés. Por tanto, as inflamacións que padecemos sempre van collidas da man con certas condutas.
Outro factor clave é o descanso, como se demostra no meta-análise realizado por Michael R. Irwin et ao. o 2017, infórmanos que nos trastornos do sono hai un aumento das citoquinas inflamatorias IL-6 e TNF-alfa, da PCR, da estimulación do receptor inflamatorio do sistema inmune innato (TLR4) e aumento do nuclear factor (NF)-κB. Durmir moito provoca un aumento das citoquinas pro-inflamatorias.
Durmir pouco, non. Entón… Que se recomenda? O ideal e recomendable é durmir 7-8h/noite. De feito asociouse unha maior mortalidade segundo as horas que durmimos concretando que as persoas que dormen >8 h/noite teñen un maior risco de morte do 30% e os que dormen <7h/noite un 12% de risco de morte.
O descanso nocturno sen interrupción asóciase a unha menor actividade do sistema nervioso simpático e unha diminución dos marcadores inflamatorios.
Ademais varios estudos explícannos tamén como os tratamentos para o insomnio e para un sono saudable baseados no Tai chi, a Terapia Cognitiva, a dieta e o exercicio físico sérvennos para reducir as inflamacións do noso organismo.
Os profesionais que eliximos practicar este tipo de enfoque consideramos que a interacción entre a predisposición xenética, os factores ambientais e os hábitos persoais de cada paciente inflúe no desenvolvemento de enfermidades e, desta maneira, asesoralos individualmente según as súas necesidades para lograr unha mellor calidade de vida é esencial.
Baseámonos no concepto de bioindividualidad: cada paciente é un caso único e irrepetible, e o que é saudable para un, pode non selo para outro.
Neste tipo de enfoque, o profesional acompaña e guía ao paciente, tentando que sexa el mesmo quen descubra qué é o mellor para si e devolvéndolle a capacidade de sanar por si mesmo a través da incorporación de hábitos diarios saudables.


