Teoría Ying-Yang

Aurelio Galán Sanchis

1/15/20262 min read

A teoría do yin-yang, un dos piares teóricos fundamentais da Medicina Tradicional China, baséase en que todo fenómeno ou cousa no universo pode clasificarse nun destes elementos, yin ou yang, sendo estes indispensables para o desenvolvemento da cultura oriental.

Esta teoría parte de 4 leis fundamentais:

  • Mutua oposición: considérase que a evolución é o resultado da interacción de dúas forzas, tendencias, enerxías que son opostas entre si. Exemplo: espiración (yang) e inspiración (yin).

  • Mutua raíz (interdependencia). Dentro de yin hai yang e dentro de yang hai yin, por exemplo, o día (yang), ten dúas partes, a mañá e a tarde. A mañá será yang en yang, en cambio a tarde será yin en yang, do mesmo xeito a noite é yin, pero antes de media noite é yin en yin, en cambio despois, ao amencer é yang en yin.

  • Crecemento e decrecemento. Para que se mostre o aspecto yang, ten que decrecer e ocultarse o aspecto yin e viceversa, cando un crece o outro decrece. Exemplo: calor (yang), frío (yin).

  • Intertransformación: non son estáticos, o yin transfórmase en yang e o yang evoluciona cara a yin. Exemplo: a escuridade (yin), a luz (yang).

Con todo, esta transformación necesita dous requisitos:

  1. Potencial de transformación

  2. Tempo e condicións para o cambio

Estas leis posibilítannos obter varias conclusións:

  • Nada no universo é absoluto, e por tanto a esencia desta teoría radica en describir os procesos e fenómenos nas relacións entre calquera cousa, xa sexa material ou enerxética.

  • Yin e yang non definen cousas senón a súa relación respecto a outra cousa ou fenómeno, sen o cal non existiría.

  • A relación á que se aspira entre o yin e o yang é o equilibrio, xa que, a disminución dun conduce ao exceso do outro e o exceso dun á diminución do outro. En ambos os casos trátase da perda da compensabilidade e en medicina iso é causa da enfermidade.

  • Ante calquera desequilibrio, sempre temos que ter en conta, as condicións adecuadas para realizar a transformación cara a un equilibrio yin-yang, respectando o tempo natural e confiar en que o corpo ten un potencial de transformación extremadamente poderoso.

A teoría yin-yang na abordaxe clínica permítenos desde o principio, non ver o problema, sufrimento ou desequilibrio na saúde como unha única posibilidade de causa-efecto, aumentando o campo de visión no diagnóstico e por tanto no tratamento